sexta-feira, 25 de setembro de 2015

Alfonso Vicente Rey "GRAVURAS/GRAVADOS" - 25 de setembro a 01 de outubro

    Con esta exposición quero mostrar algúns dos traballos que realicei nos últimos anos dentro da disciplina do gravado. Trátase dunha pequena escolma de estampas producidas en diferentes talleres e con diversos medios e propostas artísticas.
    En síntese, é un percorrido cronolóxico iniciado no ano 2000 e que abrangue as etapas dun camiño marcado por a experimentación e a busca de recursos técnicos que me permitiran avanzar na creación de novas imaxes.
    Desde as primeiras experiencias na Escola de Arte sentín unha especial predilección por o proceso e as obras creadas con sistemas de impresión tradicional. Na Facultade de Belas Artes continuei explorando medios relacionados co gravado e posteriormente nos diferentes talleres e cursos de verán, ata chegar aos traballos máis recentes. Nesta exposición reúno unha pequena selección de obra gráfica con técnicas que van desde o gravado en relevo e o calcográfico ata o carborundo e outras técnicas aditivas.
    Por tanto, todas estas obras reflicten, en certa medida, as inquedanzas persoais impulsadas por a necesidade de crear novas imaxes cun sentido estético propio e a curiosidade por experimentar con procesos creativos que combinasen diferentes recursos.







Sem comentários:

Enviar um comentário