terça-feira, 23 de julho de 2013

Martine Costa "ROSTOS SENTIDOS" - 23 a 29 de julho

MARTINE DE SOUSA COSTA, nasceu em Lille, França, em 1966. No inicio da década de 80 completa estudos em França, frequentando Escola Profissional na área de Artes Decorativas. Em 1985, escolhe Portugal como terra adotiva e inicia a carreira de pintora como autodidata, participando em várias exposições individuais e coletivas. Está representada em coleções em Portugal e no estrangeiro.

A pintura é uma experiência constante onde procuro o traço espontâneo e a mancha exuberante e que a forma surja como complemento da cor.


Martine
 






quarta-feira, 17 de julho de 2013

Charo Trigo e Pilar Álvarez "DÚAS OLLADAS" - 09 a 22 de julho

CHARO TRIGO E PILAR ÁLVAREZ: DÚAS MANEIRAS DE ENTENDE-LA ARTE
María Rosario Trigo Vicente (Charo) e Pilar Álvarez Rodríguez (Pili), ademáis de seren dúas mulleres con idénticos compromisos domésticos e tamén con responsabilidades profisionais cotiás, son á viva demostración da inquedanza do ser humán por crear Arte e comparti-la.
Guardesa – natural do Castro – e rosaleira – do Calvario -, son, respectivamente, un exemplo da harmonía que caracteriza á convivenza entre os veciños de A Guarda e do Rosal, que no día a día, entenden a coexistencia de ambos os dous concellos, como un todo, complementándose un co outro.
Charo Trigo e Pili Álvarez escomenzaron ademáis súa andaina, na mesma escola artística, a carón da pintora Alicia Alonso. Unha muller ínigualabel, que lles ten dado azos para ir facendo cadanseu camiño artístico. Segundo a libre creación e interpretación de cada unha delas, respecto aqueles temas que máis lles motiven como pintoras. E tamén, sobor do xeito de desenvolve-lo proceso creativo.
Tanto en mostras colectivas – sobor de todo co Grupo IMPÁS, do que forman parte -, como en individuais, Charo e Pili levan dado boa proba da súa sensibilidade como artistas e da súa labor continuada no tempo. Polo tanto, é innegabel que súas vocacións plásticas están consolidadas.
Na obra de Charo e Pili están representadas diversas temáticas. Desde paisaxes, frores, bodegóns, ... ata retratos.
Decididas e resoltas, nada que reflicta beleza lles bota para atrás. As veces, algúns temas conlevan un nivel de esforzo superior. Conscientes de que ninguén lles obriga a asumir retos inalcanzables, elas, cada unha o seu xeito, resolve o seu estilo, todo aquilo que desexan apreixar nos seus cadros. Iso demostra tenacidade e perseveranza, dous valores que posúen tanto Charo como Pili..
A obra de cada unha delas ten á súa respectiva impronta, característica necesaria para diferenciarse unha artista da outra. Nestes tempos de globalización que nos tocou viver, no que cáseque todo o podemos atopar en calquer lugar, non é doado ser un mesmo. Charo e Pili procuran ter cada unha seu própio estilo, como corresponde á persoalidade de cada unda delas, característica que as diferencia e as distingue. E así debe ser, xa que cada artista debe ter súa própia seña de identidade. Charo e Pili cumplen esa premisa, e cada pintora afronta á execución de cadansúa obra de un xeito totalmente persoal. Ainda que as veces á técnica poida coincidir, o que non quita que os resultados sexan heteroxéneos. En ambos os dous casos, gratos á ollada de tódolas persoas que gostan de apreciar á labor pictórica destas dúas mulleres, que teñen moito mérito, porque o que fan é froito da vocación que profesan desde fai bastante tempo. Iso tamén é un valor engadido, sobor de todo cando o doado e desertar e aplicar aquela frase que dí: Que creen eles!
Charo e Pili asumen á labor de creación plástica como algo que forma parte das súas vidas e que agora nos ofrecen para que disfroitemos coa beleza dos seus cadros. Neles están súas inquedanzas, seus desvelos, seu labor - desenvolvida moitas veces na soedade do estudo - por crear obras que nos transmitan gratas sensacions, e que na súa contemplación tanto na sala onde se expoñen como na intimidade dos nosos fogares, teñamos o pracer de aprecia-los detalles que cada artista logrou reflectir nas súas obras.
Na obra destas dúas pintoras hai beleza, poesía e sensibilidade. Ingredintes que nos transmiten boas vibracions, tan necesarias para todos.
Disfroiten con esta mostra pictórica de Charo e Pili.

                                                                                                                       Ricardo Rodríguez Vicente
                                                                                                        Correspondente de FARO DE VIGO
                                                                                                                                            A Guarda
                                     

Charo Trigo






 


Pilar Álvarez






 

quarta-feira, 3 de julho de 2013

Juan Bellas "RETROSPETIVA 2003 - 2013" - 02 a 08 de julho


A sua pintura, de querência impressionista, non se queda na típica interpretacion da paisaxe. O impressionismo da sua pincelada, xenerosa as mais das veces e sobor de todo as cores quentes, aprendido do fauvismo, son outros alicerces dos seus cadros.

Juan Bellas, recolle a tradición paisaxística e a renova apostando pola cor, pola expresión e a composición.

Xesús Andrés López Piñeiro
Crítico de Arte