quarta-feira, 7 de maio de 2014

Exposição de Fotografia "GALIZA BRANCO E NEGRO" - 06 a 16 de maio


Galiza B / N

1ª exposición fotográfica colectiva

Galiza Branco e Negro é un colectivo fotográfico xurdido en marzo do ano 2009, e integrado maioritariamente por afeccionados e algún profesional que teñen entre si como nexo común o gosto polo procesado en branco e negro e a súa relación com Galiza, bem sexa por teren nacido aquí ou seren residentes.
O colectivo ten presenza nas redes sociais dende Flickr na súa orixe
(http://www.flickr.com/groups/galizabn/), mais recentemente como grupo de Facebook
(https://www.facebook.com/groups/galizabn/), e próximamente con conta en Twitter, blogue en Tumblr e páxina de Google+.

Ao longo destes 4 anos, o colectivo foi desenvolvendo actividades esporádicas, fundamentalmente quedadas fotográficas, ademáis da publicación nas redes sociais das obras dos seus compoñentes. Deste xeito, foi medrando tanto en número de membros como na calidade das obras compartidas, o cal motivou a plantexar a organización dunha exposición colectiva que permitise divulgar a fotografia dende o punto de vista de uns simples afeccionados moi cercanos ao espectador.

Deste xeito, fíxose unha escolma de 40 obras de 40 autores diferentes, que, unha vez impresas, estarán en xira por toda a xeografía galega e do norte de Portugal, a partires de marzal do ano 2014.

 




 

 

 

 

Sem comentários:

Enviar um comentário